Os afeccionados ao ciclismo daranse cita o 1 de maio no XIV Campionato da Península Ibérica, proba apoiada pola Deputación

O próximo luns, 1 de maio, celebrarase o XIV Campionato da Península Ibérica, proba ciclista aberta a todos os afeccionados e organizada pola Fundación ADO Moure ProDeporte, co apoio da Deputación de Ourense e o Consello Municipal de Deportes. 

A proba foi presentada no Pazo Provincial coa presenza do vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández; o asesor do consello municipal, Anibal Pereira; o xefe do servizo de Deportes da Xunta en Ourense, Manuel Pérez; e o presidente da fundación organizadora, Carlos Moure. Acudiron tamén á presentación Victor Camba y Jesús Novoa, representantes de Toyota-Cibrao Ourense como unha das entidades patrocinadoras xunto con La Región e Telemiño. 

AVANTAR ACTIVIDADES

Cun percorrido de 72 quilómetros, os ciclistas partirán do barrio ourensán de Vistahermosa ás 10.55 horas, para continuar por estradas da comarca do Ribeiro e regresar a Ourense en torno ás 12.40 horas, coa meta instalada no alto do Mon de Deu, tamén no citado barrio. A proba, aberta e non federada, está aberta ás persoas maiores de 15 anos nas categorías masculina e feminina cadete, júnior, sénior e master-30-40-50-60.