O Cine Club do Carballiño comeza o mes de febreiro cun filme asiático

O Cine Club continua neste mes de febreiro ca programación habitual dos venres, neste caso un mes centrado sobre todo no cine asiático. Comezarán cunha das últimas películas do prolífico e veterán director surcoreano Hong Sang-soo, cineasta que dota aos seus filmes dunha sensibilidade e beleza especiais, que o acabou por consagrar como un dos grandes do cine do seu país. 

Delante de ti é un filme tremendamente poético, que reflicte a beleza do cotidiano e do pequeno cun cine directo dotado de sutileza e maxia. Unha mirada diferente ao que nos rodea a cotío. Conta a historia dunha veterana actriz que regresa a Corea do Sul, onde establece relación cun cineasta máis novo ca ela que quere que participe no seu proxecto. A medida que a relación transcurre ímonos adentrando e coñecendo un Seul plagado de rúas e bares e aos personaxes que os poblan. A película obtivo o Premio do Público no Festival de Xixón

AVANTAR ACTIVIDADES

Os pases serán coma sempre no Auditorio Municipal Manuel María do Carballiño os dous pases, ás 20:00 horas e ás 22:30 horas, en Versión Orixinal Subtitulada.