O tostados do Ribeiro presentáronse en Madrid

O C.R.D.O. Ribeiro volveu de Madrid cunha enorme satisfacción despois de presentar os catro tostados actualmente certificados na Feira dos Viños Xenerosos, Doces e Enriquecidos, celebrada no hotel Princesa Plaza de Madrid o pasado luns. Máis de 200 profesionais do sector puideron degustar esta auténtica xoia enolóxica e adentrarse un pouco no mundo dos Tostados do Ribeiro, un produto descoñecido para moitos deles.

O Tostado do Ribeiro é un viño doce natural e cunha longa tradición na D.O. Ribeiro. Para a súa elaboración só se utiliza o mosto procedente da selección das mellores uvas autóctonas, convenientemente pasado ao abrigo e só con ventilación natural. A súa produción é moi pequena (apenas o 1% da produción), complexa e laboriosa, dando como resultado unha auténtica xoia da enoloxía cunhas características únicas.
As referencias expostas nesta cita especializada foron viños de catro adegas e añadas diferentes: Alma de Reboreda 2008, Tostado de Costeira 2015, Bico de Leive 2018 e Celme Tostado 2019. Na cata, estes viños especiais móstranse como viños doces intensos, complexo e peculiar. Neles percíbense aromas de froitos secos e confitados, mel, flores amarelas, marmelo, casca de laranxa confitada. Son viños moi concentrados cun bo equilibrio entre acidez e dozura. Untuoso, aveludado e moi persistente en boca.

AVANTAR ACTIVIDADES

O presidente do C.R.D.O. Ribeiro, Juan Manuel Casares Gándara comenta que “O Tostado do Ribeiro constitúe outra manifestación relevante do patrimonio cultural e enolóxico desta comarca vitivinícola. É un tipo de viño tradicional que, aínda que con pequenos volumes de produción, adquiriu gran sona no século XIX. As mellores variedades de uva autóctonas foron sometidas a un proceso de secado en locais con só ventilación natural ata case chegar ao paso da uva. Posteriormente, foi prensado e fermentado. Despois, o viño foi madurado en recipientes de madeira antes do seu consumo.