A Deputación visibiliza as oportunidades do sector téxtil para o “talento emprendedor ourensán” nas xornadas Modiña Lab

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

No encontro, que se celebra no Centro de Innovación  da FP Eduardo Barreiros coa colaboración do organismo provincial, Rosendo Fernández reivindicou o “compromiso co talento emprendedor” de Ourense a través de sectores como o da moda

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ourense, 14 de novembro de 2024.

A Deputación de Ourense, a través do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde), colabora nas xornadas de emprendemento Modiña Lab, un dos congresos nacionais de moda máis relevantes, que apostou polo Centro de Innovación da Formación Profesional Eduardo Barreiros para integrar parte da súa programación en Ourense. O presidente do Inorde, Rosendo Fernández, subliñou na inauguración deste evento o compromiso da Deputación de Ourense e, en particular do organismo que lidera, pola “visibilización das oportunidades que o sector téxtil ten na provincia para o talento emprendedor”.

Fernández destacou tamén as “posibilidades” que ofrece o Centro de Innovación da FP Eduardo Barreiros, infraestrutura pola que a Deputación de Ourense apostou fortemente para situar na provincia un auténtico polo de emprendemento.

Mozos emprendedores de toda Galicia acudiron ás xornadas celebradas en Ourense, onde puideron coñecer o labor de empresas punteiras da moda e intercambiar impresións nunha mirada hacia a sustentabilidade.

Ourense, un destino termal á moda

Rosendo Fernández compartiu neste foro de emprendemento a campaña turística posta en marcha pola Deputación de Ourense que promove un estilo de vida saudable a través das augas mineromedicinais e que conta, “nun papel moi destacado” coa moda. Na campaña, os protagonistas visten estilismos de referentes da moda ourensá como Adolfo Domínguez, Roberto Verino e Purificación García. Esta acción promocional foi presentada o pasado mes de xaneiro na Feira Internacional de Turismo (Fitur).