O PSOE do Irixo pide ó goberno local que solicite maior servizo ferroviario

O Portavoz do Grupo Municipal Socialista do Concello de O Irixo, Iago Fariñas Valiña, presentou unha moción na que piden establecer/ampliar o servizo de tren entre O Irixo, O Carballiño e Ourense instando ó concello a que impulse esta iniciativa ante a Xunta e Renfe.

Consideran que é importante que os servizos de tren diarios entre O Carballiño e Ourense restablecidos o pasado mes de decembro se amplíen uns poucos quilómetros, facendo saída e chegada entre O Irixo e Ourense, con paradas en Boborás e O Carballiño, sumando así máis de 3.500 persoas da veciñanza dos concellos de O Irixo e Boborás.

AVANTAR ACTIVIDADES