O Cine Clube do Carballiño proxecta este venres o filme “Tori e Lokita”

Este venres día 10 de febreiro o Cine Clube proxecta no Auditorio Manuel María do Carballiño a última película dos irmáns Dardenne, cineastas belgas cunha longa e exitosa traxectoria dentro do cinema social máis comprometido e reivindicativo. Na súa última película, Tori y Lokita, cóntannos a historia de dous rapaces africanos que chegaron ss a Europa, e como se enfrontan á súa situación ao mesmo tempo que xorde entre eles unha forte amizade.

Un filme radical e duro, ao mesmo tempo que dunha grande beleza e unha forte emotividade. Unha historia máis necesaria que nunca nunha Europa que abandona os seus principios ilustrados e se refuxia no medo ao diferente e ao estranxeiro, apostando cada vez máis por plantexamentos recistas e xenófobos. Unha historia de verdades interpretada maxistralmento por dous actores non profesionais que encarnan aos dous protagonistas.

AVANTAR ACTIVIDADES

A película obtivo o Premio do Público no Festival de Sevilla e o Premio do 75 aniversario no Festival de Cannes. Os pases serán ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 horas en VOS