Recepción de Manuel Baltar ao novo delegado da Xunta en Ourense, Gabriel Alén

Recepción Manuel Baltar (Presidente da Deputación Ourense) ó novo delegado territorial da Xunta en Ourense Gabriel Alén Castro.

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao novo delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, a quen desexou os maiores éxitos nesta nova etapa que inicia. Baltar, quen asistiu esta mañá en Santiago á toma de posesión de Gabriel Alén como novo delegado territorial en Ourense, mantivo posteriormente a primeira xuntanza institucional. “Gabriel foi un grandísimo alcalde, gran colaborador, e vai ser un excelente delegado territorial”, afirma o presidente, destacando que é unha persoa “que coñece perfectamente a provincia e as políticas provinciais, así como o funcionamento da administración nos niveis autonómico, provincial e local, polo que é o delegado ideal, e estes próximos tempos virán marcados pola máxima cooperación e colaboración, que serán o éxito de Ourense”, expresou Manuel Baltar.

AVANTAR ACTIVIDADES

Pola súa banda, Gabriel Alén agradeceu o apoio do presidente Baltar e a súa presenza no acto de toma de posesión en Santiago, e dixo que esta mesma tarde, logo da recepción na Deputación, comezará a visitar os concellos da provincia, “en concreto aqueles que sufriron os incendios desta pasada semana”, comentou Alén, quen asume esta responsabilidade, dixo, “con moitísima ilusión”.