O presidente da CHMS supervisa as obras de mellora do roteiro fluvial dos muíños do río Formigueiro, no municipio ourensán de Amoeiro

Actuacións iniciadas a finais de setembro nas que o Estado, a través da CHMS, investirá máis de 185.000 euros

As obras consisten na restauración de dous muíños e dun poldrado, ademais da conservación e acondicionamento do leito, para completar o executado na primeira fase.

AVANTAR ACTIVIDADES

José Antonio Quiroga, presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, visitou, acompañado por José Luis González, o alcalde de Amoeiro, e por varios membros da corporación municipal, as obras de acondicionamento do roteiro fluvial dos muíños do río Formigueiro no T.M. de Amoeiro (Ourense), iniciadas o pasado mes de outubro e que finalizarán durante o segundo trimestre deste ano.

Este proxecto completa as obras executadas nunha primeira fase, cuxa investimento superou os 200.000 euros, e que consistiu na construción dunha senda fluvial de 655 metros lineais, con tramos de pasarela, escaleiras e 2 miradoiros de madeira duns 20 m2, e que finalizou en febreiro de 2022.

As obras en execución consisten na restauración e mellora de dous muíños e dun poldrado, así como da limpeza e conservación do leito e marxes no río Formigueiro.

Nos muíños procédese ao descombro, limpeza de paramentos e demais estruturas aproveitables, cubertas de tella, etc, así como, melloras no interior dos edificios e restauración dos distintos elementos da maquinaria de moenda.

O proxecto contempla, ademais, a mellora da capacidade hidráulica dunha pontella ou poldrado á que se dotará de elementos que melloren a súa estabilidade #ante futuras crecidas do río.

“O obxectivo é a conservación e mellora dunha contorna fluvial cun marcado valor ecolóxico e unha forte identidade paisaxística que, en xeral, está pouco alterado polo home” explicou o Quiroga, presidente da CHMS.