González Casares, recoñecido como un dos ‘Enerxéticos’ do ano polo impulso ás renovables

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Os premios ‘Enerxéticos 2023’ están organizados polo Cluster de Enerxías Renovables de Galicia e a revista especializada Dínamo Técnica

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Vigo, 11 de febreiro de 2023

O sector enerxético galego reuniuse este venres en Vigo no xantar benéfico ‘Enerxéticos 2023’. Un evento, organizado polo Clúster de Enerxías Renovables de Galicia (Cluergal) e a revista galega de enerxía Dínamo Técnica, co que se recoñece a contribución de nove profesionais do sector ao desenvolvemento e difusión das enerxías renovables e a sustentabilidade enerxética. O eurodeputado Nicolás González Casares, relator socialista da Revisión da Directiva de Renovables, foi destacado como un dos ‘Enerxéticos’ do ano.

Este ano, o xantar foi en apoio aos nenos e nenas pacientes de Oncoloxía do Hospital Álvaro Cunqueiro a través dunha doazón á Asociación Bicos de Papel. A entidade, creada por un grupo de familias que pasaran ou estaban a pasar pola experiencia de ter un fillo/a con cancro, busca promover melloras na atención e apoiar a outras familias. A pasada edición, celebrada en Santiago, foi a favor da cidadanía ucraína en colaboración con Cruz Vermella.

Completan a lista dos ‘Enerxéticos de 2023’: Juan Ignacio Rodríguez, director de Enerxía do Inega (Instituto Enerxético de Galicia); Elena Alonso, directora da Escola de Enerxía e Minas da Universidade de Vigo; Silvia Fernández, project manager de

Eurofred; Marcelino Otero, coordinador do Foro de Enerxía e Medio do Círculo de Empresarios de Galicia; Zeltia Lago, directora xeral de Formación para o emprego e orientación da Xunta de Galicia; Fernando Val, director do centro tecnolóxico EnergyLab; Sonia Pazos, relacións intergobernamentais no International Iberian Nanotechnology Laboratory; e Julio Pérez, xefe de Economía de Faro de Vigo.