Esta fin de semana chega á pantalla do Auditorio Manuel María do Carballiño unha das grandes películas do 2022, Decision to leave. O filme está dirixido por Park Chan-wook, un dos grandes referentes do cine actual, con películas como Old boy ou La doncella. É un filme clásico de cine negro, un thriller romántico que nas mans deste director acada unha elegancia e beleza plástica sobresaíntes. A historia céntrase nun veterán detective que investiga a morte dun home. A medida que avanza a investigación, as sospeitas sobre a muller do asasinado aumentan, igual que a súa atracción por ela.
Decision to leave está sendo un éxito de público e sen dúbida tamén de crítica, obtendo numerosos premios: Mellor dirección en Cannes, Mellor montaxe na Seminci de Valladolid, nominada nos Globos de Ouro á mellor película de fala non inglesa…Neste caso, o Cine Club terá tres proxeccións en vez das dúas habituais. O venres 24 haberá dous pases, ás 20:00 en versión dobrada ao castelán e ás 22;30 en vos. O domingo 26 haberá outro pase ás 19:00 horas en versión dobrada ao castelán.