O Cine Club proxecta este venres o filme “Simone, la mujer del siglo”

Este venres día 3 de marzo, o Cine Club proxecta a película francesa “Simone, la mujer del siglo”, centrada na vida da intelectual francesa Simone Veil. Humanista e feminista convencida, supervivinte de Auschwizt, Simone Veil foi unha das figuras máis destacadas do século XX, chegando a ser a primeira presidenta do Parlamento Europeo. Como ministra, foi responsable da despenalización do aborto en Francia. A súa vida foi un exemplo de loita polos dereitos humanos.

O filme obtivo dous Premios Cesar (mellor vestiario e mellor deseño de producción) e foi un éxito de público no seu país, onde Simone Veil é unha muller admirada e cun grande recoñecemento. Os pases serán no Auditorio Manuel María ás 20:00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22:30 en VOS. 

AVANTAR ACTIVIDADES