Espazo Común presenta ao pleno unha moción para a creación dun paseo fluvial no río Carrás

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A formación de Espazo Común ven de presentar unha moción para o pleno da vindeira semana. Nela piden a creación dun paseo fluvial no río Carrás. O texto da moción é o seguinte:

O río Carrás ou regato do Varón pasa, históricamente, por ser un gran esquecido dentro dos diferentes procesos de recuperación de entornos naturais do Carballiño.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Semella que só nos lembramos da súa existencia cando hai verquidos ou cando, como aconteceu recentemente, o seu desbordamento provoca danos estruturais. Algo non tan inusual.

Dende a construción da depuradora, inaugurada no ano 2011, apenas se implementou mellora algunha en dito río nin no seu entorno.

Iso a pesares de que é o río realmente urbano do Carballiño, atravesando por exemplo o entorno do Centro de Saúde, o barrio de Flores ou a Estrada de Ribadavia.

Xa é hora de elaborar un proxecto que convirta o Carrás nun valor engadido para o noso pobo e nun elemento máis que convirta ó Carballiño nunha vila amable, nun pobo que vive de cara aos seus ríos e non de costas.

Dous son os factores que nos levan a facer esta proposta: por unha banda, conseguir que co axeitado encauzamento de todo o discorrer da súa corrente, se eviten futuros problemas de inundacións e danos materiais que tanto perxuizo e gasto ocasionan a Concello e veciños.

Pola outra, o arranxo dos seus marxes e contorna, posibilitaría dispor dun paseo fluvial práctimente no mesmo casco urbano, aportando, por conseguinte, un novo valor ao enorme patrimonio natural co que contamos.

Visto todo o anteriormente comentado,

                                                              SOLICITAMOS

  1. A elaboración dun proxecto para o encauzamento e recuperación do río Carrás que inclúa o arranxo das súas marxes coa creación dun paseo fluvial.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------