Noa Díaz critica que o “atentado contra o patrimonio” por parte da Deputación de Ourense pon en perigo a candidatura da Ribeira Sacra á Patrimonio da Humanidade
AUDIO NOA DÍAZ ( Premer na Imaxe )
A portavoz de Cultura do Grupo Socialista, Noa Díaz, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para reclamarlle á Dirección Xeral de Patrimonio que “se implique na paralización” da modificación da estrada de acceso a San Pedro de Rocas –Esgos-. Alerta de que o proxecto da Deputación de Ourense levará por diante solo arqueolóxico, afectará a Casa da Coutada e eliminará 83 árbores nas beiras da actual estrada, poñendo en perigo a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade.
Díaz insta a Patrimonio a paralizar o proxecto mentres realiza un informe urxente sobre o proxecto de modificación do acceso a San Pedro de Rocas por parte da Deputación de Ourense. Lembra que o propio presidente da Xunta aseguraba, nunha visita ao mosteiro en 2017, que aquel sería protexido “racionalizando as súas visitas”.
Polo contrario, a actuación da Deputación “demostra o concepto que teñen acerca do patrimonio coma un ben que debe ser posto a disposición do público de maneira indiscriminada para fomentar un turismo masivo que levará finalmente á destrución do patrimonio”.
Considera ademais “inaudito que a mesma Administración que impulsa e apoia a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pretenda perpetrar un atentado patrimonial coma este, e ademais baixo a xustificación da preservación do Patrimonio Natural”. Explica que o complexo rupestre, de 30 hectáreas, xustifica e argumenta a través da investigación científica, a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade”. Noa Díaz lembra que esta Declaración “esixe dunha escrupulosa protección e conservación da paisaxe, do medio e do seu patrimonio, que nestes momentos periga polo proxecto da Deputación Provincial de Ourense”
proposición non de lei para o seu debate en Pleno
O Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, por iniciativa das súas deputadas e do seu deputado, Noa Díaz Varela, Luís Manuel Álvarez Martínez e Carmen Rodríguez Dacosta, a través do portavoz e ao abeiro do disposto no artigo 160 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte proposición non de lei para o seu debate en Pleno
A Ribeira Sacra foi declarada Patrimonio Histórico en 1923 e é dende 2018 Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Paisaxe Cultural; recoñecementos aos que en breve debera sumarse a declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
O Programa Patrimonio da Humanidade foi constituído coa Convención para a Cooperación Internacional na Protección da Herdanza Cultural e Natural da Humanidade, adoptada pola Conferencia Xeral da UNESCO o 16 de novembro de 1972 co obxectivo de protexer, preservar e difundir lugares e eidos de singular relevancia cultural.
As singulares características morfolóxicas, artísticas, históricas, paisaxísticas e mesmo gastronómicas da Ribeira Sacra fana sen dúbida merecedora da protección e do recoñecemento que ofrece ser declarada Patrimonio da Humanidade, que servirá para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e axudará a preservar os seus valores históricos, etnográficos e paisaxísticos.
Mais esa Declaración esixe dunha escrupulosa protección e conservación da paisaxe, do medio e do seu patrimonio, que nestes momentos periga por un proxecto da Deputación Provincial de Ourense de acondicionamento e mellora integral da estrada de acceso a San Pedro de Rocas (Esgos). O dito proxecto, que ten a única finalidade de facilitar o tránsito de autobuses de gran porte ata o mosteiro, suporá a tala de 83 árbores emprazados nas beiras da actual estrada, a afectación da Casa da Coutada e a súa contorna e a destrución de solo arqueolóxico nunha extensión aínda por calcular.
Con esta pretendida actuación demóstrase o concepto que a Deputación de Ourense gobernada polo Sr. Baltar, do Partido Popular, ten acerca do patrimonio: un ben que debe ser posto a disposición do público de maneira indiscriminada para fomentar un turismo masivo que levará finalmente á destrución do patrimonio. Sorprende isto co que o presidente da Xunta de Galicia -do mesmo partido que o Sr. Baltar- aseguraba no ano 2017, cando nunha visita ao mosteiro de San Pedro de Rocas afirmaba que o protexería racionalizando as súas visitas.
Pero é que ademais, tal e como denunciaban este días múltiples asociacións civís de defensa do patrimonio, entre elas Amigos da Terra ou a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, “o gran complexo rupestre de San Pedro de Rocas, que abarca polo menos 30 hectáreas, xustifica e argumenta a través da investigación científica os criterios III e IV do expediente de candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial pola UNESCO, demostrando as súas orixes sacras, tanto na súa vertente pagá como cristiá, remontándose cando menos ao 100000 a.c.
Resulta inaudito, xa que logo, que a mesma Administración que impulsa e apoia a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pretenda perpetrar un atentado patrimonial coma este, e que o faga ademais baixo a xustificación da preservación do Patrimonio Natural. Non se preserva o patrimonio facilitando o acceso a un turismo masivo, algo sobre o que alerta a propia Unesco, senón protexéndoo e minimizando os seus posibles riscos.
É de agardar que a Dirección Xeral de Patrimonio, á que lle corresponde coordinar as actuacións en materia de patrimonio artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico en todas as súas manifestacións, se implique na paralización deste proxecto realizando, coa maior transparencia, un informe sobre esta actuación a todas luces innecesaria que afecta a un patrimonio cultural excepcional e de valor incalculable.
Por iso o Grupo Parlamentario dos Socialistas presenta a seguinte proposición non de lei:
O Parlamento de Galicia insta o Goberno galego a que a Dirección Xeral de Patrimonio realice un informe urxente sobre o proxecto da Deputación Provincial de Ourense de modificación do acceso a San Pedro de Rocas e entrementres ordene a súa paralización.
pregunta para a súa resposta oral en Pleno
Noa Díaz Varela, Luís Manuel Álvarez Martínez e Carmen Rodríguez Dacosta, deputadas e deputado pertencentes ao Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, ao abeiro do disposto no artigo 152 do Regulamento da Cámara, presentan ante esa mesa a seguinte pregunta para a súa resposta oral en Pleno
A Ribeira Sacra foi declarada Patrimonio Histórico en 1923 e é dende 2018 Ben de Interese Cultural (BIC) na categoría de Paisaxe Cultural; recoñecementos aos que en breve debera sumarse a declaración como Patrimonio da Humanidade pola Unesco.
O Programa Patrimonio da Humanidade foi constituído coa Convención para a Cooperación Internacional na Protección da Herdanza Cultural e Natural da Humanidade, adoptada pola Conferencia Xeral da UNESCO o 16 de novembro de 1972 co obxectivo de protexer, preservar e difundir lugares e eidos de singular relevancia cultural.
As singulares características morfolóxicas, artísticas, históricas, paisaxísticas e mesmo gastronómicas da Ribeira Sacra fana sen dúbida merecedora da protección e do recoñecemento que ofrece ser declarada Patrimonio da Humanidade, que servirá para mellorar a calidade de vida dos seus habitantes e axudará a preservar os seus valores históricos, etnográficos e paisaxísticos.
Mais esa Declaración esixe dunha escrupulosa protección e conservación da paisaxe, do medio e do seu patrimonio, que nestes momentos periga por un proxecto da Deputación Provincial de Ourense de acondicionamento e mellora integral da estrada de acceso a San Pedro de Rocas (Esgos). O dito proxecto, que ten a única finalidade de facilitar o tránsito de autobuses de gran porte ata o mosteiro, suporá a tala de 83 árbores emprazados nas beiras da actual estrada, a afectación da Casa da Coutada e a súa contorna e a destrución de solo arqueolóxico nunha extensión aínda por calcular.
Con esta pretendida
actuación demóstrase
o concepto que a Deputación de Ourense gobernada polo Sr. Baltar, do Partido Popular,
ten acerca do patrimonio:
un ben que debe ser posto a disposición
do público de maneira indiscriminada para fomentar un turismo masivo que
levará
finalmente á destrución
do patrimonio. Sorprende isto co que o presidente da Xunta de Galicia -do mesmo
partido que o Sr. Baltar- aseguraba no ano 2017, cando nunha visita ao mosteiro de San Pedro de Rocas afirmaba que o protexería racionalizando as súas visitas.
Pero é que ademais, tal e como denunciaban este días múltiples asociacións civís de defensa do patrimonio, entre elas Amigos da Terra ou a Asociación para a Defensa do Patrimonio Cultural Galego, “o gran complexo rupestre de San Pedro de Rocas, que abarca polo menos 30 hectáreas, xustifica e argumenta a través da investigación científica os criterios III e IV do expediente de candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio Mundial pola UNESCO, demostrando as súas orixes sacras, tanto na súa vertente pagá como cristiá, remontándose cando menos ao 10000 a.c.
Resulta inaudito, xa que logo, que a mesma Administración que impulsa e apoia a declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade pretenda perpetrar un atentado patrimonial coma este, e que o faga ademais baixo a xustificación da preservación do Patrimonio Natural. Non se preserva o patrimonio facilitando o acceso a un turismo masivo, algo sobre o que alerta a propia Unesco, senón protexéndoo e minimizando os seus posibles riscos.
É de agardar que a Dirección Xeral de Patrimonio, á que lle corresponde coordinar as actuacións en materia de patrimonio artístico, histórico, arquitectónico, arqueolóxico, paleontolóxico, etnolóxico, antropolóxico, industrial, científico e técnico en todas as súas manifestacións, se implique na paralización deste proxecto realizando, coa maior transparencia, un informe sobre esta actuación a todas luces innecesaria que afecta a un patrimonio cultural excepcional e de valor incalculable.
Por iso as deputada e o deputado que asinan preguntan:
É coñecedor o Goberno galego do proxecto da Deputación Provincial de Ourense para modificar o acceso a San Pedro de Rocas?