O Bng de Ribadavia denuncia que a liña ferroviaria entre Vigo e Ourense non recupera ningún dos servizos suprimidos

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

SEGUE A SER IMPOSIBLE IR EN TREN DE RIBADAVIA A OURENSE E VOLVER NO MESMO DÍA

Ribadavia, 2 de marzo de 2023. Comezado o mes de marzo, a liña de tren entre Vigo e Ourense non recuperou ningún dos servizos anteriormente suprimidos, algo que se anunciara para o pasado mes de febreiro coa suposta recuperación dun servizo diario con parada nas estacións da liña como é o caso de Ribadavia.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Sen embargo, tal e como se pode observar na web de RENFE, hoxe só ten parada en Ribadavia un tren da liña de rexionais entre Ourense e Vigo, e se alguén se despraza de Ribadavia a Ourense xa non ten tren en que regresar a Ribadavia ate o día seguinte.

Dende o BNG denunciamos esta triste realidade, que non incentivar o uso do transporte público nin facilita que a poboación das comarcas rurais se beneficie dos descontos que se ofrecen polo seu uso, véndose aínda máis illada e carente de servizos públicos.

Por todo elo, esiximos a RENFE que repoña e manteña todos os servizos de tren de media distancia existentes antes de marzo de 2020, coas súas correspondentes paradas na estación de Ribadavia. Instamos ao Ministerio de Transportes á modernización da liña ferroviaria entre Vigo e Ourense e á Xunta a posta en marcha dun tren de proximidade, que preste servizo entre as cidades galegas e as vilas próximas, como xa existe en case todos os territorios do Estado.