O concello de Ribadavia ven de renovar mobiliario da súa biblioteca.

Esta mellora faise con recursos propios do Concello, despois de que o ano pasado a Xunta denegara a subvención solicitada para esta biblioteca. A maioría do mobiliario non fora renovado desde fai mais de 30 anos.
A de Ribadavia é a biblioteca referencial na comarca do Ribeiro, con usuarios de toda a comarca, e con máis de 1.000 socios/as, sendo case 200 usuarios infantís.

Ribadavia a 3 de marzo 2023.
O Equipamento que se ven de renovar por parte da Concellaría de Cultura é o usado como sala de estudo e lectura habitualmente empregada por estudantes e socios da biblioteca. Consistiu na renovación de 18 prazas de estudo coas súas cadeiras e mesas, e dispoñen de conexión á electricidade para ordenadores e móbiles.
Así mesmo, adquiriuse unha impresora para tarxetas que permitirán aos nosos socios utilizar calquera das bibliotecas da rede pública de Galicia, adaptando aos tempos actuais o sistema de préstamo. 
Desde o Concello tamén se está traballando coa intención de adquirir novo material bibliográfico para ofertar novos libros aos socios.
Ademais destas melloras, tamén o Concello ven de aprobar a solicitude dunha nova subvención da Xunta de Galicia para o equipamento e mellora das instalacións utilizados para a realización de actividades culturais para o ano 2023.
Agardamos que este ano sexa aceptada e desde a Xunta de Galicia se axude da mesma maneira que se ten feito con bibliotecas de menor repercusión e alcance que a de Ribadavia. 
A biblioteca de Ribadavia ten un gran volume de libros, ademais de actividades relacionadas coa promoción e fomento de libros. O seu horario de luns a venres é de 9h a 13.30 e de 16h a 20.30h.
A nosa biblioteca goza de numerosos recoñecementos e premios, que respaldan a súa boa saúde.  É por iso que o Concello busca mellorala. 
A Biblioteca Pública Municipal de Ribadavia cumpre actualmente 59 anos da súainauguración (BOE 1963) e uns 26 anos na súa ubicación actual na Casa da Cultura. Desde o Concello gustaríanos poder facer esta renovación xusta e necesaria conseguíndoo para o seu 60 aniversario.
As bibliotecas públicas deben ser atractivas e teñen que deseñarse de modo quefaciliten a circulación, accesibilidade e flexibilidade e tamén, na medida do posible, a súa ampliación, para facer fronte a incorporacións bibliográficas.
No noso caso, o crecemento natural tanto das coleccións, como da cantidadede usuarios e servizos, provocou unha saturación dos espazos dispoñibles. Tanto a capacidade dos depósitos de libros e revistas , como dos espazos de lectura, consulta e estudio se atopan virtualmente colmados, sobre todo en horario de tarde.
A maioría do mobiliario existente na biblioteca non foi renovado desde fai mais de 30 anos, polo que ademais do novo mobiliario adquirido este ano polo Concello, tamén se quere continuar renovando máis mobiliario para adaptalo as condicións técnicas necesarias e aosnovos tempos nos que a tecnoloxía está moi presente nas bibliotecas.

AVANTAR ACTIVIDADES