Comeza a tempada de competicións de CXO para o Club Ciclista Carballiño

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Primeira proba da tempada de XCO 2023 para o Club Ciclista Carballiño. E nada mellor para comezar que nunha espectacular proba como a que se disputou onte en Melgaço (Portugal), de caegoría INTERNACIONAL UCI C1. A choiva do domingo fixo que o percorrido mudara completamente dos adestramentos do sábado, feitos en seco, polo que as zonas estaban moito máis esbaradizas.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

Aínda así, Miguel Panadeiros defendíase moi ben no seu debut na categoría SUB-23, rematando nun gran 36° posto. A vindeira cita será o domingo 12/03, estreándose na COPA DE ESPAÑA DE XCO no G.P. CIUDAD DE VALLADOLID

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------