Este domingo, máis de 150 persoas participan na andaina do Día da muller

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O Centro de Información á Muller do Concello do Carballiño organiza para o vindeiro domingo 12 de marzo a X edición da andaina “O Carballiño camiña pola igualdade”, dentro da programación elaborada para conmemorar o Día Internacional das Mulleres.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Consistirá nun percorrido circular de 16,7 quilómetros, con saída ás 10 da mañá da Praza Maior e no que calquera persoa interesada pode inscribirse ata as 14,00 h. do xoves día 9 no teléfono 988.531.076 ou no enderezo electrónico cim@carballino.gal. Os participantes farán un donativo de cinco euros para a asociación Aspadisi no momento de verificar o seu rexistro previo a saída.

Na última edición da andaina, no 2020, houbo ao redor de 200 participantes. Este ano, as inscricións xa superan as 150 persoas.