O IES Chamoso Lamas iniciou este curso unha experiencia para implicar as familias. Trátase de “Cómete o mundo” no que os que quixeron participar descubrían os diferentes países do mundo a través dos seus pratos típicos, neste caso co nome de “Febreiro viaxeiro”. Hoxe tivo lugar a entrega de premios para os mellores chefs.
Todos os participantes levaron premio, aínda que houbo tres que conseguiron as mellores puntuacións. Falamos con dúas delas, Bárbara e Camila, que nos explicaron cal foi a receita que prepararon e como o fixeron. No caso das gañadoras, ambos pratos son unha tradición do seu país. Para eles foi unha experiencia nova e están moi satisfeitos con este proxecto.