A alcaldesa de Ribadavia, Noelia Rodríguez, xunto con dous membros de Protección Civil de Ribadavia, asistiron á Academia Galega de Seguridade (A Estrada) para recibir o novo DESA.
Según indica a alcaldesa, “O servizo de Protección Civil e de Emerxencias fan un labor imprescindible en atención a emerxencias, e é moi necesario seguir mellorando o material para prestar un mellor servizo, este DESA faise moi necesario para a atención das emerxencias derivadas do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, 061, Garda Civil ou particulares; que colaboran en accidentes, incendios urbáns e forestais, asistencia ou auxilio a persoas, colaboración en actividades e en colaboración coas parroquias.
Este novo aparato súmase aos dous desfibriladores cos que xa conta Ribadavia, que están situados no pavillón municipal e no Furgón de Salvamentos Varios (FSV).”
Trátase dun servizo operativo portátil de fácil desplazamento e mobilidade que se poderá empregar nos distintos eventos nos que colabora Protección Civil, e que complementará a atención en situación de emerxencia para salvar vidas.
Un recurso para actuar dunha maneira coordinada cos profesionais do 061, conseguindo gañar tempo na atención ante unha parada cardíaca, ao intentar que o paciente aguante á chegada dos servizos profesionais.
O DESA é un aparato electrónico portátil sinxelo de manexar que identifica e trata a parada respiratoria. A súa efectividade radica na identificación automática da fibrilación ventricular ou a unha taquicardia ventricular sen pulso restablecendo un ritmo cardíaco efectivo eléctricamente. É moi eficaz para a maior parte dos chamados paros cardíacos, que na súa maior parte son debidos a que o corazón fibrila e o seu ritmo non é o adecuado, estes equipos basicamente devolven o ritmo adecuado ao corazón.
O equipamento entregado inclúe un desfibrilador externo cun mínimo de dous xogos de parches de electrodos, un xogo de dúas baterías, cable de conexión a porto USB, kit de reanimación cardio-pulmonar e mochila