A Asociación en Defensa do Asilo ven de cumprir un ano dende a súa creación. Agora, quixeron informar á cidadanía da situación actual, para o que instalaron unha carpa na Praza Maior o pasado sábado, entregando información ós cidadáns sobre a Residencia Irmáns Prieto.

Dende a Asociación, queren información clara sobre a marcha das monxas e tamén queren saber a opinión e postura dos candidatos á alcaldía, que pasaría a formar parte do padroado nas vindeiras eleccións.