A Garda Civil de Carballiño procedeu á detención na noite do Xoves día 6 de abril de un veciño de Carballiño como presunto autor dun delito de malos tratos animais.
Os feitos remóntanse ao martes da semana actual, cando se recibe en dependencias do Posto Principal de Carballiño chamada do centro de xestión de tráfico encargado da videovixilancia da Autovía AG53, alertando de que durante a noite observaran a través das cámaras de vixilancia do viaduto de O Viñao, sito no termo municipal de Punxín, como un vehículo estacionaba nas beiravías do viaduto, e un home tras realizar varios simulacros, acaba lanzando un “bulto” cara ao baleiro. Comprobadas as imaxes, o bulto parece ser claramente un can dun tamaño mediano-grande, que ademais se atopa vivo e realiza o xesto de saltar o valo do viaduto. Trasládanse inmediatamente á zona da caída efectivos da GC de Carballiño e de Tamallancos, apoiados polo helicóptero do Servizo Aéreo da Garda Civil para a procura do que se supoñía o cadáver do animal. Tras unha procura intensiva, finalízase o dispositivo esa mesma mañá sen obter resultados.

Na tarde do día seguinte, mércores día 5, efectivos da GC de Carballiño realizaron outra procura pola zona, obtendo o mesmo resultado negativo.
Planeándose unha última procura para a mañá do venres día 7, ao redor das 20.30 horas do xoves día 6 recíbese aviso duns senderistas comunicando que viron pola zona mentres paseaban a dous cans, un deles parecía estar ferido e con aparencia de estar abandonados.
Trasladados de urxencia ao lugar efectivos da GC de Carballiño, localizan a un animal de características similares ás do can lanzado desde o viaduto, ferido nunha pata dianteira pero consciente. Realízanse xestións para a comprobación da súa identidade e a mesma deu como propietario, a persoa que días antes precipitábao polas marxes do viaduto. Nese momento procedeuse ao traslado do animal a clínica veterinaria de urxencia para a súa avaliación, procedendo inmediatamente despois á detención do autor dos feitos e a súa posta a disposición xudicial.
É de resaltar que a altura desde a que foi lanzado o can achégase aos 100 metros, e o can puido sobrevivir grazas a caer nunha árbore que freou a velocidade de caída, para finalmente caer á auga.
O animal atópase recuperándose nunha clínica veterinaria e quedando á espera da decisión xudicial que se tome en relación á custodia do animal, a Garda Civil de Carballiño exponse a súa adopción.