A corporación do Carballiño celebra este xoves o último pleno da lexislatura

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A corporación municipal do concello do Carballiño reunirase este xoves, día 13 de abril, na que será a última sesión plenaria da lexislatura, antes das eleccións de maio. Esta sesión dará comezo ás 09:30 horas e poderán seguila en directo a través da nosa canle.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Entre os puntos da orde do día atópase a aprobación definitiva do convenio ca Confederación Hidrográfica para o arranxo da rúa Ourense, logo de rexeitar as alegacións.

Tamén o grupo de goberno presenta unha modificación de crédito destinada a sufragar subvencións para as asociacións e para gastos correntes como luz, gas ou combustible.

En canto ás mocións, haberá unha do BNG sobre a ampliación de servizos sanitarios e dúas de ESCO sobre a gratuidade dos libros de texto e para a contratación de persoal nas brigadas.