Espazo Común reclama beirarrúas na estrada de Partovia e a ampliación da área de lecer dos Catro Camiños

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O grupo municipal de Espazo Común presentará ante a Corporación do Carballiño dúas mocións para o seu tratamento na sesión ordinaria do vindeiro xoves. Na primeira, propoñen a construción das beirarrúas en ambas marxes da estrada que une os núcleos de Partovia e do Porto de Eguas. Consideran que “é esta unha vella demanda dos veciños da zona que xa merece ser atendida dunha vez pois trátase dun área moi transitada na que o perigo para os peóns é patente”. Engaden que “estamos a falar dunha estrada de titularidade autonómica, a OU-208, que neste tramo é case toda unha recta polo que a velocidade dos vehículos, en moitos casos, é moi superior á aconsellable”. Unha estrada na que “os viandantes vense obrigados a circular polo mesmo firme ante a ausencia total de ningunha outra opción”, polo que entenden “é tempo de atender esta necesidade por parte das administracións implicadas”.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Na segunda moción, solicitan que “se execute con urxencia a obra de ampliación do túnel dos Catro Camiños para gañar unha gran cantidade de solo público para novas infraestruturas”. O grupo de Espazo Común lembra que hai agora dous anos, xa trasladaron ao pleno “unha moción case idéntica a esta que, por suposto, foi aprobada por unanimidade” e que se falou “da relevancia de acometer un proxecto transformador para a área dos Catro Camiños coa ampliación do túnel que cubre a vía do tren”. Apuntan que “a súa construción xa foi autorizada polo ADIF dende o ano 2009, e dende o 2010 existe xa un proxecto redactado só é necesario que o Concello se poña máns á obra para a súa execución“. Coa execución deste proxecto “os pequenos parques actuais situados a ambos lados da estrada, chegarían a unha superficie de arredor de 5.000 metros cadrados, permitindo ubicar neles zonas verdes, un gran parque infantil e zonas de ocio para xente de tódalas idades e incluso novas prazas de aparcamento moi necesarias na contorna“, conclúen.