A Comisión Galega de Control da Violencia investiga o encontro Ribadavia-Covadonga

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A Comisión Galega de Control da Violencia incoou sete novos expedientes sancionadores, e actuará de oficio nos disturbios Ribadavia-Covadonga da Segunda Autonómica.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

O partido, que se disputou o pasado 19 de marzo, rematou 5-2 a favor do conxunto local, pero antes quedou parado por unha liorta masiva na que participaron afeccionados, xogadores e técnicos.

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, presidiu a undécima edición desta Comisión, que anunciou a apertura dun período de investigación para sancionar o acontecido.

O secretario xeral insistiu, unha vez máis, na responsabilidade “na salvagarda dos valores esenciais no deporte” e vinculou este deber cos clubs, entidades deportivas. e federacións, así como os organizadores de competicións e espectáculos segundo o establecido pola Lei 3/2012, do 2 de abril, do Deporte de Galicia.