Recollendo saberes na Pousa, os xogos tradicionais foron os protagonistas no noso faladoiro

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Este martes, 11 de abril, o voluntariado “Somos Referentes” realizou un faladoiro na
Pousa, en Xunqueira de Ambía. Neste caso, a nosa acción centrouse en recoller os saberes relacionados cos xogos populares.
Neste faladoiro, as persoas que se achegaron faláronnos de xogos como poden ser
a pita cega, o gua, o salto da mula ou os zancos. De cada xogo, saían varias persoas
explicando as súas normas e os materiais necesarios para realizalos. Nalgúns eran moi
sinxelos como apañar os coios ou os bugallos, mais outros requerían de máis traballo.
Ademais, tamén puidemos recoller cancións populares como a de “por aquí vai o camiño,
por aquí vai o carreiro, por aquí vai o camiño, a porta do fiadeiro”.
Esta é unha das moitas actividades que percorreran os concellos de Vilar de Barrio,
Xunqueira de Ambía e Laza. Este é un proxecto financiado pola Unión
Europea-NextGenerationEu e a consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de
Galicia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO