O concurso de carrozas da Festa da Vendimia de Leiro acepta inscricións ata o día 26

A Festa da Vendimia de Leiro que se celebrará o domingo 28 de agosto contará un ano máis co seu concurso de carrozas de adultos. Aqueles que queiran participar deberán inscribirse antes do 26 de agosto e poderán optar a 3 premios.

Todos os grupos, que terán que contar con máis de 2 persoas, levarán a súa carroza sobre un tractor, carro de vacas ou bois, camuflado coa temática reinante, a vendima. Tanto antes ou despois da colleita como a elaboración do viño e o traballo nas viñas. A vestimenta escollida tamén xirará arredor deste tema.

AVANTAR ACTIVIDADES

Para repartir os premios terase en conta a orixinalidade, o resultado da elaboración así coma o mobiliario empregado.