Alfonso García Eiriz da súa versión sobre o seu cese da Federación Galega de Automobilismo

Alfonso García Eiriz era o vicepresidente e secretario da Federación Galega de Automobilismo ata o 4 de abril, logo de meses e unha candidatura conxunta para a presidencia xunto con Antonio Troitiño.

Alfonso alega que os problemas comezaron sentíndose desprazado das reunións e cando lle negaron o acceso ó correo electrónico e contas de xeito informativo, a pesar das súas funcións, momento no que comezan as discrepancias. Asegura que os argumentos son verdades a medias e destaca que nunca se negou ó diálogo para solucionar a situación.

AVANTAR ACTIVIDADES

Nas argumentacións para o seu cese, según Eiriz danse motivos de lucro económico e políticos cando el non tiña dedicación exclusiva e so recibiría o pago de dietas e desprazamentos. “A tan ansiada transparecia volve a converterse en oscurantismo dentro da FGA. Despois de 40 anos iba a ser o primeiro secretario da Federación sen soldo nin contrato”, asegura Alfonso.