Francisco Fraga será o número 4 da candidatura de Espazo Común no Carballiño

Fraga aportará a súa ampla experiencia política e de xestión ao equipo de Pachi Vázquez.

A lista de Espazo Común para as vindeiras eleccións municipais no Carballiño para o vindeiro 28 de maio segue sumando efectivos de cara a conformar un equipo de garantías capacitado para retomar o camiño de converter de novo a esta vila nun dos referentes da Galicia interior.

AVANTAR ACTIVIDADES

Niste caso, Francisco José Fraga Civeira, ocupará o posto número 4 da candidatura encabezada por Pachi Vázquez.

Fran, como é coñecido, nado en 1972, conta cunha ampla traxectoria política na que destacan os seus 12 anos como alcalde do veciño concello de Piñor, cargo ao que chegou con tan só 27 anos.

Tamén é destacable o seu papel coma vicepresidente da FEGAMP (Federación Galega de Municipios e Provincias), directivo da FEMP (Federación Española de Municipios e Provincias) e voceiro na Deputación de Ourense no ciclo 2015-2019.

Durante a súa etapa como rexedor en Piñor acadou grandes avances neste pequeno concello, sendo considerado un dos mellores alcaldes rurais de Galicia.

Fraga chega cheo de ilusión e ideas para aportar a este proxecto: “Cando recibín a chamada de Pachi Vázquez, non dubidei un momento. A metade da miña vida desenvolvina no Carballiño e quero aportar o meu grán de area e axudar aos compañeiros en todo o que poida para que este pobo volte a ser o motor dunha comarca viva e con futuro”.

“Fran é un activo dun enorme valor e un home que leva loitado moito polo Carballiño, defendendo numerosas iniciativas na Deputación ou na FEGAMP. A súa incorporación é un salto cualitativo para o noso grupo e unha garantía para a transformación que queremos para o noso pobo” afirmou o número 1 de Espazo Común.