Na Cata Popular da 60 edición da Feira do Viño do Ribeiro na categoría Viños Brancos de Colleiteiros, levou o 1º premio “Canción de Elisa 2022” de Adega Dona Elisa

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Algo máis de 200 persoas participaron no concurso no que o público final cata e premia os viños brancos e tintos das adegas e colleiteiros presentes no recinto feiral da Alameda de Ribadavia

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

En xuño do ano 2020 ( en plena pandemia de covid Badal Novas fixo o seguinte reportaxe sobre esta adega:

Adega Dona Elisa nace no ano 2013, froito da perseveranza e a ilusión por crear un viño de excelente calidade.

Trátase dunha adega de ‘ colleiteiro’ con D.O. Riberio, familiar e de pequena produción, enfocada a un mercado exclusivo onde priman os detalles na súa realización, tanto no deseño da súa botella como por suposto no seu interior, onde asoman uns viños que buscan reflectir o carácter da nosa terra e a nosa xente na súa forma de traballar, respectando a tradición e ensinos dos nosos maiores, en especial, da ‘avoa Elisa’, a muller que dá nome á adega e aos seus viños.

VIDEO

Situada en San Andrés, na comarca de ‘O Ribeiro‘, goza de excelentes vistas de todo o val desde o que se pode albiscar a histórica vila de Ribadavia, cunha gran tradición cultural, gastronómica e artística. Un pobo cun encanto natural para pasear e coñecer a fondo os seus extensos viñedos, paisaxes e gozar do Museo Gallego do Viño.

Páxina Web : https://adegadonaelisa.com/adega/