O nome de Pablo Meixe xa é sobradamente recoñecido coma o de un dos cómicos con máis proxección de futuro de todo o panorama español. Así o recoñecen xa artistas de prestixio coma Sara Escudero, Eva Soriano ou Leo Harlem.
Aínda con tan só 27 anos, Meixe conta cunha dilatada traxectoria sobre as táboas e no eido da televisión, onde leva participado en numerosos programas.
Recentemente foi galardoado co premio de gañador do II Concurso Nacional de Monólogos e as súas andainas son sobradamente coñecidas en Tik Tok ou Instagram onde os seus seguidores xa convertiron en virais moitos dos seus vídeos.
Este sábado 6 de maio, ás 20:45 horas, visitará O Carballiño. Será no Auditorio Municipal Manuel María a onde traerá o seu novo espectáculo “¿Quién aguanta esto?, unha reflexión cómica sobre aqueles aspectos do día a día que nos fan tolear. As risas están aseguradas.
As entradas poden adquirirse previamente en Pastelería Brioche, en Escada Café ou en Mesón O Noso Lar a un prezo de 10 € ademáis de en taquilla na mesma tarde do sábado por 12 €.