Un mupi de case dous metros de alto promociona a Festa do Pulpo do Carballiño na estación de Chamartín

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O pulpo entra polos ollos na madrileña estación de tren de Chamartín, onde pode verse un mupi de case dous metros de alto que promociona o produto estrela do Carballiño. Co lema “O Carballiño a un paso”, invítase aos viaxantes a facer parada na vila e a disfrutar da súa gastronomía e da celebración declarada de interese turístico internacional. A imaxe fala por si soa, xa que en primeiro plano pode verse a tapa de pulpo máis grande do mundo. Ao fondo a Veracruz, porque O Carballiño tamén ten moita cultura que ofrecer aos visitantes. O mupi, de 175×120 centímetros, permanecerá na estación durante catro meses.