Ribadavia busca dous capataces e oito peóns forestais

Dende onte mércores, o concello de Ribadavia fixo público o anuncio de Convocatoria para a contratación de dúas prazas de Capataz Forestal e oito prazas de Peón forestal para Brigadas de Incendios no Concello de Ribadavia.

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles desde a publicación deste anuncio, comezando o prazo hoxe xoves 27 de maio e rematando o mércores 2 de xuño.

AVANTAR ACTIVIDADES

As bases poden consultarse no taboleiro de anuncios do Concello de Ribadavia durante o prazo de presentación de solicitudes.