As axudas para a compra de electrodomésticos xa se poderán solicitar desde este xoves

Washing machinePlease see some similar pictures from my portfolio:
---------------------------------------------------------------------------------------------------------

A conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana, avanzou hoxe que a partir do vindeiro xoves 8 de febreiro xa se van poder solicitar as axudas do programa Galicia Renova Electrodomésticos, ás que a Xunta destina un orzamento de 2,2 M€ coa intención de que se beneficien ata 14.000 fogares galegos.

---------------------------------------------------------------------------------------------------------

No acto de presentación desta iniciativa, no que participaron representantes da Asociación Nacional de Empresas Distribuidoras de Electrodomésticos (Aden), Lorenzana apuntou que, ata o momento, son xa case 400 os establecementos adheridos a esta campaña, aos que agradeceu a súa participación.

As axudas cobren o 25% do custo do electrodoméstico e, en caso de consumidores vulnerables, entre o 50% e o 75%. É dicir, oscilan entre os 100 e os 450 euros e son para a compra de frigoríficos, frigorífico-conxelador, conxelador, lavadora, lavalouzas ou placas de indución coa correspondente cualificación enerxética.

A conselleira explicou que, nun contexto de suba de prezos, o obxectivo deste programa é axudar ás familias galegas na compra dun novo electrodoméstico para o seu fogar, ao tempo que se fomenta a concienciación social sobre a eficiencia enerxética e se dinamizan as vendas no comercio local, como o fan outras medidas da Xunta como o Bono Comercio ou o programa Renova o teu Vehículo, lembrou.

A previsión da Xunta é chegar a mobilizar 7,6 M€ en vendas e contribuír a unha redución de emisións equivalente á plantación de 44.000 árbores.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------