A construtora Cer&Ber dona dúas árbores senlleiras á Insua dos Poetas

A construtora Cer&Ber adquiriu este ano o inmoble no que se ubicou durante décadas a Ferretería Terceiro, no centro do Carballiño. Durante os traballos de acondicionamento que se están efectuando no edificio, atopáronse no xardín traseiro dúas árbores senlleiras. Trátase dun acivro e dun abeto, o primeiro deles considerado unha árbore en perigo de extinción. A construtora decidiu trasladalas árbores con todos os coidados
para que puidesen ser transplantadas no entorno natural da Insua dos Poetas. Esta iniciativa é un exemplo do que se pode facer para preservar o medio ambiente e con afán de colaboración entre ambas entidades. Dende esta semana, as árbores xa están transplantadas e contan con todos os coidados para que poidan medrar nesta nova ubicación.