A área de migracións do Psdeg de Ourense axuda a cidadáns arxentinos, descendentes de galegos emigrados a atopar a súa familia en Ribadavia e obter a nacionalidade española

“José María Casas coñecía a existencia desa rama familiar arxentina, pero non tiña contacto. Gracias a mediación da secretaría provincial de migracións, que se encargou persoalmente no rexistro civil de Ribadavia de recompilar toda a documentación e enviala aos interesados, puideron poñerse en contacto”, explica Luís Gulín

Ourense, 6 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE de Ourense, a través do secretario provincial de migracións da Executiva Provincial, Luís Gulín, está axudando a arxentinos a atopar a súa familia en Ribadavia e a obter tamén a nacionalidade española. Neste caso trátase dun familiar do avogado ribadaviense, José María Casas Amil.

AVANTAR ACTIVIDADES

A área de migracións do PSOE ourensán explica que “unha desas persoas é descendente dun matrimonio de Ribadavia que nos anos 20 do século pasado emigrou a Arxentina”. Tal e como apuntan “ten todos os datos precisos dos seus avós: data de nacemento, tomo, folio e sección da partida de nacemento, polo que contactaron co rexistro civil de Ourense e Ribadavia, respectivamente”.

Segundo afirma o secretario provincial de migracións, Luís Gulín, “ao non recibir ningunha resposta de ambas oficinas, a persoa interesada contactou por vía dun veciño de Ribadavia coa nosa secretaría”. Cando Gulín comprobou os nomes en cuestión sobre os que se pedía documentación, contactou cun dos descendentes, o avogado, José María Casas Amil. Neste caso, pedíase documentación acerca de María del Carmen Casas Abraldes, familiar do pai e avó do avogado de Ribadavia.

“José María Casas coñecía a existencia desa rama familiar arxentina, pero non tiña contacto. Gracias a mediación da secretaría provincial de migracións puideron ser consultados os documentos no rexistro civil de Ribadavia de recompilar toda a documentación e enviala aos interesados, puideron poñerse en contacto”, explica Luís Gulín. O secretario provincial de migracións tamén informa que a familia Casas Amil “agarda que nos próximos meses poidan atoparse en Galicia coa súa familia de Buenos Aires”.

Dende o PSOE ourensán subliñan a Lei sobre a Memoria Democrática, aprobada no ano 2022, “está facilitando a moitos galegos e galegas, residentes en América, recuperar a nacionalidade española, por ser netos e bisnetos de emigrantes que cruzaron o Atlántico hai máis de 100 anos”. Neste senso, dende o PSdeG-PSOE de Ourense afirman que “moitos deles precisan agora a documentación acreditativa de ser descendentes desas persoas, para realizar os trámites oportunos ante os consulados”.