O novo restaurante A Feira de Madrid, do carballiñés Paco Gómez e Casiano Méndez, galardoado co Prato de Ouro en ‘Xantar.’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O recén inaugurado restaurante ‘A Feira’, ubicado no Market do Estadio Santiago Bernabéu de Madrid, vén de ser galardoado co ‘Prato de Ouro’ como un dos establecementos de restauración senlleiros da provincia de Ourense. A entrega do galardón a esta franquicia da que son copropietarios o chef e pulpeiro carballiñés Paco Gómez e Casiano Méndez, realizarase dentro dos actos previstos na celebración do 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómic e o (Xantar), que terá lugar en Expourense dos días 20 ao 23 do presente mes de novembro.

Como é habitual, Xantar, será o escenario elixido por Radio Turismo para organizar a gala de entrega dos Pratos de Ouro aos restaurantes destacados da provincia de Ourense, e os Gorros Brancos a recoñecidos chefs ourensáns.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A esta entrega, a Fundación Expourense suma as ‘Medallas de Ouro Xantar’, que cada ano son entregadas a entidades ou persoas que colaboraron estreitamente, desde a profesionalidade e tamén desde o agarimo, con esta cita.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


Esta gala celebrarase o venres 21 de novembro, ás 18,30 horas, e istes serán os galardoados, por se vos apetece vir acompañarlles a eles ás súas familias nun momento importante de recoñecemento á súa traxectoria profesional:

Pratos de Ouro:

  • Restaurante A Feira no Market do Estadio Santiago Bernabeu (Madrid). @afeiraourensRestaurante
  • Dous Puertas (Ourense).
  • Restaurante Ou Campanario (Nogueira de Ramuín). @restaurante_ou_campanario

Gorros Brancos:

  • Javier Silva Díaz e Francisco Silva González. Pai e Fillo. Restaurante Lusitano de Lobios. @lusitanolobios

  • Medallas de Ouro de Xantar:
  • UHO – Unión de Hostaleiros de Ourense.
  • María Doallo Freire. Xornalista de La Voz de Galicia. In memoriam.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------