A esta subasta presentáronse un total de seis empresas, que son:  Aura, Endesa, Gas Natural, Iberdrola, Relax e Tradel Universal. As empresas que resultaron adxudicatarias do servizo foron Endesa, para os suministros eléctricos inferiores a 10 kilovátios e Relax para os suministros que superan os 10 kilovátios. Finalmente, Relax rexeitou o concurso e quedaron os dous servizos a cargo de Endesa. A adxudicación a estas empresas ascende a 370.976 euros, dos cales 168.427 están destinados á primera delas e os restantes, 202.549 euros, á segunda empresa. Esta transacción permítelle ó concello aforrar 192.893 euros neste servizo con respecto á partida destinada no exercicio do 2019. Esta factura xa non é o primeiro ano que sofre modificacións, xa que no 2017 a partida destinada o suministro eléctrico supoñía un custo de máis de 600.000 euros, ata chegar a hoxe en día, que se sitúa un pouco por encima da metade dese gasto. 

Este aforro é posible en gran medida grazas a renovación paulatina que se está a facer do sistema tradicional o sistema LED, un sistema que ten como beneficios unha reducción notable do consumo que se traduce nunha rebaixa do custo para os meciños do alumeado público. Este proceso de renovación xa se fixo efectivo en zonas céntricas como as rúas Julio Rodríguez Soto, Conde Vallellano, Martínez Avellanosa, Estrada de Ourense, Perfectino Vieitez, no entorno da Praza Maior e no Barrio de Flores. Na zona de Corzos e a rúa de entrada e saída do municipio, a 25 de Xullo, realizarase o cambio nos próximos meses. Este último é un proxecto que están a levar a cabo dende o concello ca colaboración ca administración local de Maside, xa que é unha zona colidante de ambos. Tamén en proceso de adxudicación están as zonas de Arcos, Señorín, Mesego, Partovia e Veiga.