A segunda cita do Campionato de Slalom repite en Lugo. Logo do debut competitivo de
2023 en Monterroso, o certame autonómico chega a Guitiriz este sábado 6 de maio,
con 49 equipos na lista de inscritos.
A proba, organizada por a Escudería Scratch Fene, comezará ás 11:00 horas coa
celebración da primeira das mangas de adestramentos, para afrontar sen deterse a
segunda pasada de preparación.
A partires das 16:30 horas, os participantes afrontarán as dúas dúas mangas oficiais,
das que sairá o vencedor desta segunda data do certame galego de slalom.
Entre os principais inscritos nesta proba, os dous primeiros clasificados no certame tras
Monterroso, Manuel Trevín e Iván Picallo, ademáis de outros importantes como Sergio
Fernández ou Aitor Fornos, que foron quinto e sexto clasificados na data inaugural.
Miguel Ángel Cela chega como líder da modalidade de iniciación o mesmo que Damián
Peña en debutantes, favorito por diante de Aaron Antelo, que foi segundo en
Monterroso.
A publicación dos resultados oficiais da proba está marcada para as 20:30 horas coa
entrega de premios aos gañadores ás 21:15 horas no Campo da Feira de Guitiriz.