O concello fará un mural mañá polo Día das Letras Galegas

04/01/2023 Francisco Fernández del Riego CULTURA AUTONOMÍAS EDITORIAL GALAXIA
II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Neste mes de maio, a programación cultural do Carballiño ofrece unha vintena de propostas que terán as Letras Galegas como protagonistas. Cine, gastronomía, música e ata unha Festa do Libro inclúense no programa, que arranca esta noite coa proxección da película “La Maternal” no Auditorio Manuel María e coa Ruta das Tapas, que se repetirá o próximo venres e que se dedica aos produtos do mar.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Un dos actos estrela deste mes das Letras Galegas agárdase para o 11 de maio na rúa Carreira cun mural conmemorativo de Francisco Fernández del Riego, intelectual e fundador da Editorial Galaxia ao que se dedica esta edición. O acto está previsto para as 12.00 horas e contarase coa actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio.

Esta é a programación cultural detallada para o mes de maio:

Xoves, 11 de maio: Mural conmemorativo de Francisco Fernández del Riego. 12.00 horas. Rúa da Carreira. Actuación do alumnado e profesorado do Conservatorio.

Venres, 12 de maio: Cine Club. Proxección da película “After Sun”. Ás 20.00 e 22.30 horas no Auditorio.

Venres 12 de maio: Ruta das Tapas dedicada aos produtos do mar con 13 locais participantes e a animación musical de “Perrito Piloto”. Dende as 20.00 horas.

Domingo, 14 de maio: Cine Club. Proxección da película “After Sun”. Ás 19.00 horas no Auditorio.