“Queremos mirar cara ao futuro e recuperar do pasado só aquelo que se fixo ben. Entendemos que é fundamental escoitar os problemas da veciñanza”, afirmou o aspirante a dirixir o goberno municipal
“A forza máis votada fai catro anos foi o PSOE e probablemente suceda o mesmo esta vez”, sinalou a número dous da candidatura e secretaria xeral do partido en Ourense, Natalia González
Ourense, 14 de maio de 2023. O aspirante á alcaldía da cidade polo PSdeG-PSOE, Paco Rodríguez, e a secretaria xeral do partido en Ourense e número dous da candidatura, Natalia González, asistiron esta mañá a un encontro coa veciñanza de Rabo de Galo para poder explicar con proximidade as propostas incluidas no programa.
“Queremos mirar cara ao futuro e recuperar do pasado só aquelo que se fixo ben. Queremos que todos poidan recuperar o orgullo de ser de Ourense. E entendemos que é fundamental escoitar os problemas da veciñanza dos barrios para darlles resposta dun xeito adecuado. Porque tamén sodes parte da cidade”, afirmou, durante a xuntanza cos asistentes, Paco Rodríguez.
Os actos de campaña da formación levados a cabo durante todo este fin de semana son especialmente relevantes polas políticas que os e as socialistas queren implementar no Concello de Ourense se os e as cidadás lles dan a súa confianza nas vindeiras eleccións municipais do 28 de maio. Neste senso, anunciaron que recuperarán a Oficina de Atención ao Cidadán para devolverlle a voz ao pobo e que promoverán uns orzamentos máis participativos onde as obras sexan consensuadas atendendo ás necesidades veciñais.
“Eu creo firmemente en que hai que defender aos veciños e veciñas, tanto desde as asociacións como desde a política municipal. Por encima de todos nós estades vós e da igual que vivades en Rabo de Galo, en Cabeza de Vaca, na rúa do Paseo ou en Bedoya. E para o Partido Socialista isto non é algo novo porque sempre apostamos polas asociacións. A forza máis votada fai catro anos foi o PSOE e problamente suceda o mesmo este vez. A nosa postura neste eido non vai cambiar”, expuxo a número dous da lista, Natalia González.
Lamentou, nesta liña, que os últimos oito anos non houbera ninguén no goberno –nin PP nin DO– que escoitara as súas demandas e os condeara ao abandono. “Durante a campaña electoral supoño que virán por aquí a dicirvos que son a alternativa, pero en realidade son os culpables de que Jácome estea no goberno”, subliñou a secretaria xeral.