O Concello do Carballiño investirá máis de 160.000 euros nas obras de acondicionamento de catro pistas que mellorarán o acceso ao rural

-A actuación contempla a mellora de vías que enlazan con Madanela e os núcleos de Xuio, Dornela, Valfrío e Bertamil, mellorando a comunicación de Zafra, Lama e Souto

O Carballiño, 18 de maio de 2023

AVANTAR ACTIVIDADES

No seu empeño por mellorar as infraestruturas do rural, o Concello do Carballiño acaba de redactar  novo proxecto no que investirá máis de 160.000 euros e que contempla obras de acondicionamento de catro pistas que mellorarán os accesos a diferentes núcleos. Así, levaranse a cabo traballos de asfaltado nas vías de Madanela, Zafra, Lama e Souto. Darase un mellor acceso á cidadanía e enlazaranse os núcleos de Xuio, Dornela, Valfrío e Bertamil, xunto coa mellora da comunicación interior das diferentes localidades.

No proxecto defínese o trazado e as obras de remodelación das calzadas existentes, na procura de mellorar os accesos e a comunicación a través da rede viaria de titularidade municipal. A zona de actuación comprende os seguintes tramos: 2.950 metros en Madalena; 2770 metros en Zafra-Lama e 492 metros en Souto. O prazo de execución dos traballos será de dous meses.

Con esta actuación, o executivo local segue traballando por mellorar as infraestruturas do rural e facilitando así o tránsito entre dos veciños e veciñas entre os diferentes núcleos.