Avelino de Francisco apostou por seguir reforzando a colaboración institucional para implementar o Plan Especial Termal e a segunda fase do Parque Empresarial de Cortegada
- O líder dos populares ourensáns e candidato á Deputación destacou no mitin, celebrado esta tarde no Campo da Feira, “a excelente labor desenvolvida por Avelino de Francisco ao fronte do Concello de Cortegada”
- “Avelino de Francisco é unha institución dentro dos alcaldes de Galicia, de calquera signo político”, remarca Manuel Baltar, “e agora ponse a disposición da forza política máis importante da historia de Cortegada e da provincia de Ourense para seguir marcando novos e ambiciosos obxectivos”
- Manuel Baltar afondou na importancia da aposta de Avelino de Francisco polo “termalismo, o turismo, a dinamización do parque empresarial ou novas dotacións deportivas”
- “Avelino de Francisco garante seguir desenvolvendo o futuro de Cortegada, cun equipo perfectamente ensamblado”
- “Avelino vai a ser alcalde si o si co apoio maioritario da veciñanza e para o Partido Popular é un completo orgullo contar con el, co seu formidable equipo, que ten convertido a Cortegada nun concello referente na provincia de Ourense e en toda Galicia”
- “A Deputación de Ourense sempre estará ao carón de Cortegada, nunha liña de colaboración na que é chave a capacidade de Avelino de Francisco e do seu equipo para deseñar proxectos transformadores”
- O Plan de Mandato 2127″, destacou Manuel Baltar, afonda na importancia de Cortegada e a comarca do Ribeiro, “con iniciativas estratéxicas para o futuro do termalismo, a dinamización económica ou a implantación do Plan EnOUturismo”
AVELINO DE FRANCISCO: “DENTRO DA NOSA APOSTA POLO CAMIÑO DE SANTIAGO, TRANSFORMAREMOS A CASA REITORAL DE SAN BIEITO DO RABIÑO EN RESIDENCIA PARA ALBERGUE DE PEREGRINOS”
- O candidato popular remarcou no mitin desta tarde a importancia da colaboración institucional para desenvolver proxectos estratéxicos, coma a implementación e execución do Plan Especial Termal ou a segunda fase do Parque Empresarial de Cortegada
- “Dentro da nosa aposta polo Camiño de Santiago, transformaremos a casa reitoral de San Bieito do Rabiño en residencia para albergue de peregrinos”, avanzou Avelino de Francisco
- “Rehabilitaremos o casco histórico de Cortegada, como un eixo de desenvolvemento do noso concello”, sinalou o candidato popular, que tamén incidiu na sinalización dos núcleos de poboación do concello e a renumeración das vivendas mediante xeolocalización
- Avelino de Francisco incidiu na “potencia da candidatura que me acompaña nesta aventura, perfectamente preparada para seguir mellorando o noso concello”
- Entre outros proxectos, Avelino de Francisco avanzou a necesidade da renovación de viais na parroquia de Refoxos, a renovación con LED do alumeado público en Zaparín ou dotar de beirarrúas á parroquia de Meréns