A piscina Rosario Dueñas acolle este domingo a VIII edición da Copa Deputación de natación artística

Presentación da VII Copa Deputación de Natación Sincronizada. Participan Rosendo Fernández (Vicepresidenta da Deputación Ourense), Anibal Pereira Novoa (Representante do Concello de Ourense), Laura Rodríguez Vázquez (Presidenta do Clube Sincro Ourense), Alba Lojo Caramés (Vicepresidenta do clube), Beatriz Montes Vicente (Directora Técncia do Clube) e Iria Pérez Gómez (Representatente de Augas de Sousas).

 A piscina Rosario Dueñas, en Ourense, acolle este domingo a VIII edición da Copa Deputación de natación artística, coa presenza de oito equipos de toda Galicia. 

O vicepresidente primeiro da Deputación, Rosendo Fernández, presentou esta mañá a competición no Pazo Provincial acompañado pola presidenta do Clube Natación Sincronizada Ourense -entidade anfitrioa-, Laura Rodríguez; o asesor de Deportes do Concello de Ourense, Aníbal Pereira; a vicepresidenta do Clube Natación Sincronizada Ourense, Alba Lojo; a directora técnica do Clube Natación Sincronizada Ourense, Beatriz Montes; e a representante de Augas de Sousas -entidade patrocinadora-, Iria Pérez. 

AVANTAR ACTIVIDADES

A cita, que comezará o domingo 28 de maio ás 10,30 horas na Rosario Dueñas, celebrarase dende a categoría escola ata a junior, cunha participación aproximada de 200 deportistas.