Programa de goberno do PSdeG-PSOE para O Carballiño: A internacionalidade da Festa do Pulpo e a súa posta en valor

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO
  • POTENCIACIÓN DA FESTA DO PULPO

>>  A declaración, o ano pasado, da Festa do Pulpo do Carballiño como Festa de Interese Turístico Internacional supón un logro histórico que nos sitúa á cabeza dos festexos gastronómicos de Galicia e España, e, tras moitas iniciativas desenvolvidas nesta pasada lexislatura, agora temos que poñelo en valor para darlle o máximo rango e difusión posible.

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

>>  Xa temos en marcha unha campaña de promoción co obxectivo de darlle máis difusión á festa e atraer a máis visitantes, comezando en Madrid, a capital do Estado, coa instalación de valados publicitarios nas estacións intermodais de metros, autobuses e trens, por onde pasan ducias de miles de persoas diariamente.

>> Nesta campaña incídese especialmente na circunstancia de poder viaxar no AVE, xa que o traxecto entre Madrid e Ourense faise en só dúas horas e quince minutos.

  • O PULPO E AS PULPEIRAS

>> Dende a candidatura de Paco Fumega xa se abriu unha rolda de contactos coa Asociación de Pulpeiros do Carballiño, co obxectivo de avaliar as iniciativas desenvolvidas nesta lexislatura e, tamé, analizar os proxectos que se poden levar a cabo no futuro ao abeiro do programa Next Generation da Unión Europea que foi concedido ao Concello do Carballiño para a promoción do pulpo e das pulpeiras de Arcos como protagonistas históricas deste elemento gastronómico.