A 39ª edición da Carreira Popular de Leiro mantén abertas as inscricións

A carreira popular de Leiro é unha cita ineludible para deportistas de nivel e afeccionados de toda Galicia. Este ano alcanza a súa 39ª edición, e celebrarase o día 2 de xullo no Salgueiral. A súa organización ten o prazo de inscrición aberto, ata o 29 de xuño, para todos os que queiran participar, a través da páxina web www.championchinorte.com . Haberá dúas modalidades de carreira, como nas edicións pasadas: unha de 5 quilómetros e outra de 10 quilómetros. Tamén haberá opcións para os máis pequenos da casa, dende os pitufos.

A entrega de dorsais e chips farase o mesmo día do evento, dende as 08:00 horas, no recinto, e a organización dará toda a información ós participantes.

AVANTAR ACTIVIDADES