Estes son os catro traballadores da deputación de Ourense que Baltar disfrazou de científicos para decorar o millonario fraude do proxecto Castaña

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

A este fraude dedicaron case 2,5 millóns da UE para tres supostos centros de investigación e grandes plantacións, pero daquel anuncio nin hai nin nada, salvo o falso posado de falsos científicos

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Desde o PSdeG-PSOE insisten en que “o uso correcto dos fondos da Unión Europea é esencial” para Ourense, sempre que se usen correctamente, algo que “farán desde o próximo goberno provincial”

Ourense, 1 de maio de 2023. O PSdeG-PSOE denuncia que o “millonario fraude” do ‘Proxecto Castaña’, impulsado pola Deputación Provincial de Ourense do PP no marco dos fondos públicos distribuídos pola Unión Europea para axudar ao rescate e desenvolvemento de territorios comunitarios, alcanzou un dos seus maiores exemplos no “bochornoso paripé” organizado polos gobernos da familia Baltar, ao disfrazar a traballadores da institución de supostos científicos que investigaban plantacións grazas a eses cartos.

Na imaxe destapada agora polos socialistas pode apreciarse a catro persoas, posando nun laboratorio con batas e material técnico. Pero, en realidade, eran administrativos ou peóns. Concretamente aparecen Francisco Prol (1), que era administrativo do centro agrogandeiro de Xinzo dependente da institución a través do Inorde e que finou nun accidente de tráfico; Álvaro Álvarez (2), peón agrícola na ‘Finca Monterrei’; Juan Manuel Enríquez (3) peón agrícola e Raquel Casares (4), administrativa do centro agrogandeiro de Xinzo.

A este fraude foron destinados 2,5 millóns de euros públicos, achegados nun 75% pola Unión Europea, que servirían para a creación de tres centros de investigación e interpretación, así como para a plantación de 38.000 castiñeiros e 1.200 oliveiras. Daquel anuncio non hai nada, salvo o falso posado de falsos científicos. Non hai nin rastro nin das árbores nin deavanzados espazos de investigación do sector forestal e agrogandeiro. Tampouco existiron nunca, así que, no PSOE preguntan “a donde foron realmente os cartos”.

Desde o PSdeG ourensán insisten en que “o uso correcto dos fondos da Unión Europea en proxectos da Deputación Provincial é “esencial” para o desenvolvemento e progreso da provincia”, xa que “proporcionan unha oportunidade inaudita para investir en infraestruturas, educación, cultura ou promoción e desenvolvemento económico”, mellorando a calidade de vida da veciñanza e “sentando as bases do futuro que merece a provincia tras catro décadas de atraso constante”, sempre que se usen correctamente, algo que “farán desde o próximo goberno provincial”.

“Estamos ante unha gran oportunidade que a Deputación nin pode nin debe deixar pasar”, resaltan os e as socialistas antes de recordar que levan anos insistindo nun “tratamento plenamente democrático destes recursos, xa que está comprobado que nesta institución, o PP e os seus socios e socias, seguen a apostar por un sistema inxusto, caciquil e desigual” que “pode provocar casos de nepotismo, ineficiencia, malgasto ou corrupción”. “Xa son moitas as advertencias dos órganos de control, pero tamén dos xulgados”, salientan desde o Grupo Provincial Socialista.

“Hai que xestionar os cartos da Unión Europea sen trampas, sen mentiras, sen ilegalidades e sen irregularidades”, insisten os e as socialistas, antes de recordar os “incontables problemas legais” que, neste ámbito da consecución e posterior xestión de fondos comunitarios, acumulan os gobernos da familia Baltar, executivos “no seu ocaso” que están “ao borde da desaparición na institución, tras tres décadas parasitando a provincia”.