O orzamento dispoñible do programa do Bono Activa Comercio posto en marcha pola Xunta de Galicia consumiuse, alcanzando xa os máis de 166.000 beneficiarios.
O período para descargar os bonos comezou o pasado luns, 24 de outubro, e estes esgotáronse en tan só tres días.
Os beneficiarios dispoñen ata o 31 de decembro para empregar os descontos de 30 euros no comercio de proximidade.
Cada consumidor pode obter un bono de 30 euros que terá a oportunidade de utilizar ata o 31 de decembro nos negocios adheridos.
A principal novidade deste ano é a ampliación de tramos de desconto e os importes. Así, o desconto é de 5 euros para compras a partir de 20 euros e inferiores a 30 euros; 10 euros para compras desde 30 euros e inferiores a 50; e de 15 euros se superan os 50 euros de compra.