Reunida a executiva do Partido Popular no Carballiño coa candidatura encabezada por Lino González, valora positivamente os resultados acadados nestas eleccións municipais.
Considéranse a única opción de cambio de goberno municipal e en base a esa premisa tomarán as súas decisións en canto ó futuro do Carballiño, mantendo os seus compromisos de campaña.
Dende o Partido Popular do Carballiño, xa se traballa para acadar de igual forma un bo resultado nas Xerais de Xullo para facer presidente a Alberto Núñez Feijóo.