Expourense abriu as portas do 10º Ourense Vinis Terrae

Hoxe e mañá celebrarase Ourense Vinis Terrae, un salón consolidado como a única mostra exclusivamente profesional dedicada aos viños locais. A Feira Galega de Viños e Augardentes de Calidade celebra a súa décima edición, e conta coa participación de importadores e compradores de 23 países que teñen a oportunidade de coñecer as últimas anadas das adegas expositoras, todas elas adscritas a cinco Denominacións de Orixe, 4 delas da provincia de Ourense (Ribeiro, Monterrei, Ribeira Sacra, Valdeorras).

Esta edición contará coa participación de 64 expositores entre os que se poden atopar adegas e consellos reguladores e un stand do Clúster do Turismo de Galicia que promociona as diferentes rutas do viño de Galicia. Ourense VINIS TERRAE estará tamén aberto mañá, en horario de 10:00 a 18:00 horas.

AVANTAR ACTIVIDADES

Despois da inauguración, tivo lugar a presentación da Plataforma Tecnolóxica do Viño, presidida por Carlos Moro, presidente do Grupo Matarromera que ten agora 3 adegas en Galicia que tamén participan como expositoras no salón.