Iván Picallo acada o seu segundo triunfo da tempada en as Pontes

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Campionato Galego de Slalom celebrou a súa terceira proba puntuable este sábado
en As Pontes, con triunfo para Iván Picallo.
A única cita do autonómico que se realiza dentro dun circuito contou con case 60
participantes na liña de saída, o que confirma o bo estado de saúde da especialidade.
Picallo foi o mellor logo da celebración das dúas mangas oficiais, no que é o seu
segundo triunfo da tempada. O do Citroën superou ao que é actualmente o seu máximo
rival Manuel Trevín, reeditando as loitas xa vistas en Monterroso e Guitiriz.
O terceiro posto do podio foi para Francisco Pico, aos mandos do Citroën Ax.
Dentro da categoría de debutantes, victoria para Antonio Óscar Martínez co Porsche e
na de iniciación, primeira plaza para Rubén Gandoy.
Ademáis, o primeiro posto entre as participantes da categoría feminina foi para
Mariquiña Chao, co Citroën Saxo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------